RESTOS ARQUEOLÓXICOS DENDE A PREHISTORIA ATA A IDADE CONTEMPORÁNEA... (por Angeles Sendón)

Neolítico ( 4.000 - 2.500 a. De C.)

MONTE DAS MÁMOAS

Localización: esta mámoa localízase no denominado Monte das Mámoas, parroquia de Santa Eulalia de Oeste. Coordenadas: 42º 41' 00'' de latitude N, 8º 43' 07'' lonxitude O. Acceso: dende á estación do ferrocarril de Catoira, séguese a estrada hacia ó Oeste durante uns 500 metros, desviándonos cara a esquerda chegaremos ó lugar de Balastreira. Unha vez chegado a este punto, séguese a estrada ata unhas pistas polideportivas e a súa dereita crúzase o paso a nivel, e máis adiante atópase este xacemento. Descubrimento: foi descuberta en 1956 por Sobrino. Adscrición cultural: neolítico. Adscrición tipolóxica: lugar funerario. Descrición: no lomo dun pequeno monte chamado As Mámoas cuberta por terrazas cuaternarias do Ulla. Trátase de dúas mámoas megalíticas duns 22 metros de diámetro cada unha, en dirección N-S. Esta mámoa presenta unha forma máis ou menos circular ca terra pertencente á masa tumular desprazada cara o N-E debido a maior pendiente do terreo nese lado. Atendendo á toponimia, o término mámoa está relacionado con monumentos megalíticos. O significado desta arquitectura megalítica é unha afirmación de tumba, obra destinada a ser vista dende lonxe como símbolo dunha comunidade de vivos e indicador dun territorio contralado por éstos. Este tipo de construccións implica unha labor colectiva, debido ó complexo traballo que supón a realización deste tipo de tumbas, como son: excavación transporte, colocación de pedras e posterior recubrimento, etc. Estas tumbas eran utilizadas como enterramentos colectivos..

CALCOLÍTICO

O Calcolítico ou Idade do Cobre é o período cultural no que os instrumentos de pedra son lentamente sustituidos polos instrumentos de metal. Cronolóxicamente considérase que a metalurxia en Galicia foi introducida entre o 2.500- 2.100 a. De C e obsérvase que a aparición do vaso campaniforme é simultáneo a chegada da metalurxia. MACHADA DE PEDRA PULIMENTADA Localización: lugar de Cores, parroquia de San Mamed de Abalo. Descubrimento: por Ramón Loureiro en 1988. Adscrición cultural: 3.500- 800 a. De C. Adscrición tipolóxica: útil de traballo. Descrición: Util de corte que constitúe uns dos materiais máis frecuentes dentro da industria da pedra pulida, recuperados nos megalíticos galegos. Este tipo de artefacto mostra unha clara pervivencia ao longo da toda a prehistoria galega. Esta circunstancia ilustra o perigo do establecemento de secuencias cronolóxicas basadas exclusivamente en morfotipoloxías apropiadas en outras áreas, pero de problemática aplicación en Galicia. As rocas metamórficas, son as máis habitualmente utilizadas na fabricación dos útiles pulimentados, o que está en función da abundancia destas e da facilidade coa que se prestan á elaboración e pulimento.

Idade de Bronce

Para a obtención deste preciado metal é necesario a aleación de cobre e estaño. Este descubremento non só supón un cambio nas armas e adornos usados polo home senón unha transformación no ámbito socioeconómico, que provocará a aparición dun sistema económico basado no comercio de metais. A industria de bronce implicou unhas relacións comercias que se levaban a cabo a través da navegación costeira polo Atlántico e mediterráneo. Esto provocou un intercambio das técnicas e productos por diversos centros comerciais, feito que demostra a importancia primordial dos metais para o home. Pódense diferenciar, deste período, dous tipos de restos arqueolóxicos, por un lado unha serie de armas de bronce (espadas, puñais, etc.) e por outro, os grabados rupestres. Con respecto a estes útimos xa falamos anteriormente deles. Con respecto as armas, a súa frecuente aparición no fondo do río, deu pé as seguintes teorías: a súa pérdida por naufraxio, a combates nas márxes. Tamén se interpretan como mostra de rituais, outra das creenzas é que se realizan prácticas funerarias nas que o cadaver se arroxa ao río coas súas armas. Por último cabe a posibilidade de que estes obxectos metálicos sexan ofrendas feitas ao río o que se considera como algo sagrado en sí mesmo ou relacionado có culto a algunha divinidad. ESPADA DE BRONCE Localización: río Ulla, Torres de Oeste. Depósito:Museo arqueolóxico da Coruña. Adscrición cultural: Idade de Bronce, século VIII a. De C. Adscrición tipolóxica: arma de guerra. Descrición: estoque de bronce con encaixes semicirculares na base. A súa conservación é regular, faltándolle 2/3 da empuñadura e a folla está moi deteriorada e reducida. O puño conserva parte dunha das perforacións para un cravo. Hai vestixios de finas estrias na folla. Ten dous finos nervios e paralelos que se unen no tercio inferior e vai morrer ao final da espada. Consérvanse dous remaches, probablemente procedentes da empuñadura, aínda que choca o grosor e as dimensións destes. Espada, medidas: lonxitude 500 mm. Ancho máximo 45 mm. Grosor 5 mm. Remaches, medidas: lonxitude 13 e 15 mm. Ancho máximo 8 e 10 mm. Ademáis desta espada apareceron outras similares que se atopan en posesión de particulares, así como varias depositadas no Museo de Pontevedra.

Cultura Castrexa (600 a. De C. ao século II d. De C)

A longa duración da cultura castrexa, o redor dun milenio, funde as súas raíces no último período da idade de bronce e chega ata avanzado o século II da nosa era. A denominación desta cultura débese ao tipo de asentamento peculiar, "os castros", que para a súa instalación buscan lugares de fácil defensa como illas, cabos, pequenas penínsulas ou acantilados en lugares costeiros. No interior tamén se localiza este tipo de hábitat en lugares de fácil fortificación. A pesar da evolución da cultura castrexa, mostra unha organización social e económica similar dende os seus comenzos, aínda que o máximo desarrollo do mundo castrexo alcánzase en torno aos inicios do proceso romanizador. En canto as datas de abandono dos castros, hai cronoloxías moi variadas. As excavacións mostran que algúns castros desapareceron coa chegada dos romanos, sen embargo, pola pervivencia doutros, podemos demostrar unha certa continuidade de este tipo de hábitat, que nalgúns casos chega ata os nosos días.

CASTRO DE TARRÍO

está situado na parroquia de San Pedro de Dimo. Coordenadas: 42º 40' 13'' de latitude N. 8º 42' 18'' de lonxitude O. Acceso: no Km 9, xunto a gasolinera de catoira, lugar de A Baiuca, cóllese á esquerda unha desviación que nos leva a Dimo e a 2 Km do cruce atópase o castro de Tarrío. Adscrición cultural:Idade de Ferro. Adscrición tipolóxica: asentamento. Descrición: sitúase nos arredores da igrexa parroquial. As súas estructuras son irreconocibles, pero en dirección S- O parece conservar algún tipo de aterrazado onde apareceron restos de cerámica indeterminada e medieval na superficie. O castro medirá uns 300m. totais no seu eixe maior, ocupará uns 1000 m2 de superficie.

Castro das Torres

Localización: Torres de Oeste. Coordenadas: 42º 40' 39'' latitude N. 8º 43' 26'' lonxitude O. Acceso: no Km 9 da C- 550, xunto a gasolinera, hai un desvío sinalado á dereita que leva a Rianxo. Adscrición cultural: VI- IV a. De C. Adscrición tipolóxica:asentamento. Descrición: mostra indicios dunha actividade metalúrxica importante en el aparecen materiais de importación por vía marítima. Restos de ánforas, cerámica campesiña e algúns fragmentos de tradición ibero-púnica, dan testemuña dun primeiro contacto comercial. Durante a época romana é probable unha transformación de hábitat e incluso o desenrrolo da industria de salazón na costa inmediata. No interior da cunca baixa do río, poden destacarse outros xacementos, onde o componente indíxena nan parece tan claro, pero si está relacionado có comercio e as comunicacións. Comercio favorecido polas magníficas condicións de navegabilidade do río. É posible coñecer a estructura fundamental e as características xerais do asentamento antigo. En primeiro lugar, o emprazamento e configuración do relevo predeterminan un tipo de hábitat cerrado, delimitado polas defensas naturais e polo propio cauce fluvial. Nun segundo lugar, os restos de estratos antigos que poden reconocerse forman parte de niveis de épocas máis recentes. O relevo constitue o soporte característico dun dos tipos máis frecuentes de castro costeiro, no ámbito das rías baixas.