L I M I A R
Non se pode
falar de música en Catoira sen falar tamén, aínda que só sea de pasada
de un catoirés ilustre, musicólogo, investigador... Nacido en Bos Aires, retornou a
Catoira xunto cós seus pais a finais da primeira guerra mundial.
Trátase de Agustin Isorna Rios conocido
popularmente como "Chichito".
No colexio dos PP. Mercedarios -Pontevedra-
cursa estudos de Filosofía e Linguas Clásicas e posteriormente, aprende
piano, armonía, composición, paleografía, trascripción, canto
gregoriano e especialmente a polifonía dos séculos XIV ao XVII.
Oficial do exército dende a
guerra civil, isto non impediu a súa dedicación a mósica aló onde os
seus destinos o levaron. Colaboura coas máis diversas publicacións
de Madrid, Cartaxena, Murcia, Ourense,
Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo e Pontevedra con una estimable
cantidade de artículos de ensaio, crítica e estudios musicais. A crítica le calificouno
coma un dos máis cultos polifonistas espaois do século XX.
O seu arquivo musical ten máis de 4000 partituras.
Sobresae entre outros o seu traballo de actualización do Códex Calixtinus de
Santiago de Compostela. Dirixiu -o frente de diversas agrupacións
corais- en prácticamente en toda Espaa, e recibiu os máis diversos
premios, entre os que compre sinalar o Especial do "Concurso
Internacional de Coros de Madrid" (1949), " Internacional de Palma de
Mallorca" (1950).Os seus conciertos foron retransmitidos entre outras
polas seguintes emisoras: Radio París, R.Barcelona, R.Mallorca,
R.Murcia... Foi director da Escola de Música e da antiga Coral de Catoira,
Director da Masa Coral Compostelana, Subdirector da Coral Polifónica de
Pontevedra, Profesor do Conservatorio desa mesma cidade, e
Director da Masa Coral "Tomás Luis de Victoria" hasta sua prematura
morte en 1966.
|
"Brisas do Río Ulla" outro dos históricos Grupos da
localidade. Aparece reflexada a súa primeira actuación nas festas, no
ano 1932, aínda que como no caso de Os Riveiros, puideron ter algunha
outra anterior.
|
Actuación da Banda de Beade durante as Festas de San Antonio
|
Serafín Vicente, Fernando Casal,
Ramón García e Xosé Vicente -"Faíscas do Xiabre"-
Grupo de gaitas a partir do que -tras unírselles Antón Seoane e Rodrigo Romaní, surxiría o prestixioso grupo de música tradicional MILLADOIRO.
|
Banda de Música de Catoira, con Carlos
Seráns (director), Alberto García (Alcalde de Catoira) e Valentín Rey, este último, impulsor e alma mater da Banda e de moitas outras actividades musicais desarrolladas na localidade.
|
A Coral Polifónica Raíces, nace en
1980 froito da iniciativa de varios/as catoireses que, despois
de presentarse (e gañar) un concurso de panxoliñas organizado
na localidade polo Coro Parroquial, deciden continuar os ensaios
encargándose dos mesmos Valentín Rey Moure. Iste querendo elevar a categoría da coral en cerne, propón un troco na dirección e, quedando él coma subdirector, encárgase da mesma a Odilo Gonzélez - PP. Pasionista que neses intres exerce a sua labor pastoral na cercana vila de Caldas de Reis. Con Odilo ao timón e tamén coa incorporación de novas voces, a Coral incrementa tanto o seu repertorio como, se cabe, a súa calidade...
...No ano 1981 a Coral Polifónica Raíces fai a
súa primeira aparición pública -xa como Coral Raíces- cantando a Misa
dominical nas Festas Patronais-locais de San Antonio (Xullo). A
actuación comentase moi positivamente tanto polos asistentes ao acto
como pola "crítica" local. Sucédense os ensaios, actuacións e recitais que contribuen a "empastar" e consolidar as voces, o que lles fai acadar un nivel musical máis que notabel.
Compre destacar as súas actuacións na Xornada Xubilar do Ano
Santo en Compostela (1982), no Festival Coral de Polifonía celebrado en Vigo co gallo do 150º aniversario do nacemento de J. Bramhs (1983), outras actuacións en diversas localidades como Lalín, Porriño, Noia, Melide, Marón, Vilagarcía, etc. así como tamén diversas aparicións en programas da RTVG
Tras varios anos baixo a dirección de Odilo este, por motivos
profesionais (vocacionais) vese "obrigado" a exercer o seu ministerio
pastoral en terras bolivianas, non podendo obviamente, atender as
labores de dirección da coral, .... Continuará...
|
Grupo de Gaitas Muiños do Vento,
chamados cariñosamente -Os Gaiteriños do Tio Ramón por ser este famoso maestro gaiteiro compoñente do grupo "Os Areeiras", quen os iniciou na arte da gaita, aparte de que algúns deles eran realmente sobriños seus.
Cartel de promoción do Grupo ESTELA, hoxe desaparecido, do que un dos fundadores -Eduardo- é da localidade (centro da foto, abaixo).
Catoira ten e tivo moitos músicos, exercendo a súa profesión en varias agrupacións dentro e fora de Galicia tanto en Bandas como orquestas ou outro tipo de agrupacións musicales, Milladoiro, Baiuca, Musgalia...entre outros
Cartel do Concerto Homenaxe á Coral Raíces o día 17 de
Maio de 2007 que foi celebrado na Igrexa Parroquial de San Miguel e no que actuaron a devandita Coral Raíces e a Banda de Mísica de Catoira
|