«Video de Luar na Lubre -Os Animais-»
© Curiosidades dos Animais... (e dos vexetais) -por E.Loureiro
● Según os zoólogos na península ibérica existen máis de 110 especies de mamíferos. A taxonomía da fauna dos mamíferos está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.
● Coñécense máis de dous millóns (2.000.000) de especies animais no mundo. Os biólogos estiman que o número de novas especies por descubrir, supera varias veces isa cantidade.
● Os ourizos posuen nas súas púas un grupo de ácedos capaces de neutralizar ata seis tipos de bacterias. Así evitan as posibles infeccións que puideran ter ao ferirse con algunha das máis de 5000 púas repartidas polo seu corpo (ou polo dos seus conxéneres)
● O Martiño peixeiro para pescar, situase entre 1 e 3 metros de altura respecto á superficie da auga, na beira do rio e, dende alí lánzase en picado a unha velocidade de 80 Km/h cando divisa un peixe.
● O corazón dun morcego, pode chegar a latexar ata 1000 veces por minuto mentras está voando. Son os únicos mamíferos capaces de voar, espalláronse por case todo o mundo e ocuparon unha gran variedade de nichos ecolóxicos diferentes. Desempeñan un papel ecolóxico vital como polinizadores e tamén desenvolven un importante papel na dispersión de sementes.
● España hai catalogadas 368 especies de aves (polo de agora). Indícase a súa presenza (nativa, invernante, accidental...). Tamén se di se é común ou pouco común, xa que unha especie nativa ou moi estendida polo territorio pode non ser moi abondosa.
● O ferreiriño abelleiro aliméntase preferentemente de nespras e abellas, é capaz de sobrevivir ata a tres ou catro picaduras sucesivas (pesa sobre 30 grs), cantidade suficiente para matar a un mamífero de máis de 100grs
● Os cirrios (vencellos), nunca se pousan no chan. As súas patas son tan pequenas que non lle permiten coller impulso para levantalo vóo.
● O corazón de aves coma o ferreiriño común (paseriformes), latexa a razón de 500 veces por minuto, e pode chegar a 1000 cando ten que realizar un sobreesforzo. O ferreiriño pode poñer ata 19 ovos (media= 9); mentres a femia cria os poliños, o macho, durante tres semanas, pode facer ata 900 viaxes diarios para alimentalos.
● Para protexerse dos depredadores, a cobra sapeira (natrix maura), que é un ofidio inofensivo, imita ás cobras de colar (natrix natrix) que si son venenosas: imita o seu zigzag dorsal, incha a cabeza para que se volte triangular, e se esto non funciona, expulsa pola cloaca un liquido de cheiro repulsivo.
● O sangue da anguia contén unha substancia velenosa (ictioxinina) a cal é neutralizada cando se somete á cocción. As larvas da anguía nacen no Mar dos Sargazos (preto de Florida e as Illas Bermudas), durante os tres anos seguintes, farán unha viaxe de máis de 7.000 quilómetros ata acadar as desembocaduras
● A aceleración que desarrolla unha pulga ó brincar, é 20 veces superior a que desarrolla un transbordador espacial durnte o seu lanzamento.