MONTE DAS MÁMOAS
-
Localización: esta mámoa localízase no denominado Monte das Mámoas, parroquia de Santa Eulalia de Oeste. Coordenadas: 42º 41' 00'' de latitude N, 8º 43' 07'' lonxitude O. Acceso: dende á estación do ferrocarril de Catoira, séguese a estrada hacia ó Oeste durante uns 500 metros, desviándonos cara a esquerda chegaremos ó lugar de Balastreira. Unha vez chegado a este punto, séguese a estrada ata unhas pistas polideportivas e a súa dereita crúzase o paso a nivel, e máis adiante atópase este xacemento. Descubrimento: foi descuberta en 1956 por Sobrino. Adscrición cultural: neolítico. Adscrición tipolóxica: lugar funerario. Descrición: no lomo dun pequeno monte chamado As Mámoas cuberta por terrazas cuaternarias do Ulla. Trátase de dúas mámoas megalíticas duns 22 metros de diámetro cada unha, en dirección N-S. Esta mámoa presenta unha forma máis ou menos circular ca terra pertencente á masa tumular desprazada cara o N-E debido a maior pendiente do terreo nese lado. Atendendo á toponimia, o término mámoa está relacionado con monumentos megalíticos. O significado desta arquitectura megalítica é unha afirmación de tumba, obra destinada a ser vista dende lonxe como símbolo dunha comunidade de vivos e indicador dun territorio contralado por éstos. Este tipo de construccións implica unha labor colectiva, debido ó complexo traballo que supón a realización deste tipo de tumbas, como son: excavación transporte, colocación de pedras e posterior recubrimento, etc. Estas tumbas eran utilizadas como enterramentos colectivos.
Neolítico ( 4.000 - 2.500 a. De C.)
-
Os restos arqueolóxicos atopados en Catoira ata a actualidade pertencen ó neolítico. Pero según dixemos anteriormente "Catoira procede de Captora", o que significa que teremos que ter en conta que a caza depende da vexetación e a súa situación privilexida na desembocadura do Ulla, facilitará que xa durante o paleolítico, o home se dedicase á caza, pesca e recolección, gracias ás óptimas condicións para o asentamento humán. As primeiras manifestacións que se documentan na península Ibérica son do 6º milenio antes de Cristo. A partir de aquí, desarróllase unha neolitización que se vai expandindo, ata chegar á colonización de todo o territorio peninsular. Os elementos culturais deste período son os túmulos, aínda que o que define realmente a neolitización dun territorio é a práctica das técnicas de producción de alimentos, que según Gordon Childe denomina "Revolución neolítica" xa que supón un cambio total na vida do home, deixando éste de ser nómada para fixar a súa residencia nun lugar, dando paso ás primeiras cidades. A chegada da metalurxia non supón unha ruptura cos sistemas socio-económicos anteriores, pois a industria lítica non cede en importancia a pesares do uso dos metais. Outra innovación darase coa chegada da cerámica campaniforme, que aparece como elemento de prestixio no axuar.
Cultura Castrexa (600 a. De C. ó século II d. De C)
-
A longa duración da cultura castrexa, o redor din milenio, funde as súas raíces no último período da idade de bronce e chega ata avanzado o século Iida nosa era. A denominación deste cultura débese ó tipo de asentamento peculiar, "os castros", que para a súa instalación buscan lugares de fácil defensa como illas, cabos, pequenas penínsulas ou acantilados en lugares costeiros. No interior tamén se localiza este tipo de hábitat en lugares de fácil fortificación. A pesar da evolución da cultura castrexa, mostra unha organización social e económica similar dende os seus comenzos, aínda que o máximo desarrollo do mundo castrexo alcánzase en torno ós inicios do proceso romanizador. En canto as datas de abandono dos castros, hai cronoloxías moi variadas. As excavacións mostran que algúns castros desapareceron coa chegada dos romanos, sen embargo, pola pervivencia doutros, podemos demostrar unha certa continuidade de este tipo de hábitat, que nalgúns casos chega ata os nosos días.
CASTRO DAS TORRES
-
Localización: Torres de Oeste. Coordenadas: 42º 40' 39'' latitude N. 8º 43' 26'' lonxitude O. Acceso: no Km 9 da C- 550, xunto a gasolinera, hai u desvío sinalado á dereita que leva a Rianxo. Adscrición cultural: VI- IV a. De C. Adscrición tipolóxica: asentamento. Descrición: mostra indicios dunha actividade metalúrxica importante en el aparecen materiais de importación por vía marítima. Restos de ánforas, cerámica campesiña e algúns fragmentos de tradición ibérico- púnica, dan testimonio dun primeiro contacto comercial. Durante a época romana é probable unha transformación de hábitat e incluso o desenrrolo da industria de salazón na costa inmediata. No interior da cunca baiza do río, poden destacarse outros xacementos, onde o componente indíxena nan parece tan claro, pero sí está relacionado có comercio e as comunicacións. Comercio favorecido polas magníficas condicións de navegabilidade do río. É posible coñecer a estructura fundamental e as características xerais do asentamento antigo. En primeiro lugar, o emprazamento e configuración do relevo predeterminan un tipo de hábitat cerrado, delimitado polas defensas naturais e polo propio cauce fluvial. Nun segundo lugar, os restos de estratos antigos que poden reconocerse forman parte de niveis de épocas máis recentes. O relevo constitue o soporte característico dun dos tipos máis frecuentes de castro costeiro, no ámbito das rías baixas.